O DOCUMENTAL “AVIÓN, EL PUEBLO AUSENTE”, SELECCIONADO NO FICG DE MÉXICO

16 / 01 / 2013

O documental galego Avión, el pueblo ausente, foi seleccionado no Festival Internacional de Cine en Guadalajara (México), que terá lugar o vindeiro marzo. Está coproducido por Filmanova (A Coruña) e os directores son os irmáns lucenses María e Marcos Hervera. Foi rodado no concello ourensán de Avión, un conxunto de aldeas espalladas entre montañas cun pasado de miseria e éxodo masivo, e que hoxe é exemplo de triunfo económico da emigración galega a América. A maioría dos mozos de Avión tiveron que deixar a súa terra na procura dun futuro mellor. Moitos o atoparon en México e hoxe voltan cos obxetivos cumpridos. Pero trala apariencia do éxito, tralos coches de luxo e as mansións erguidas sobre as ruinas do pasado, escondese a dor. Unha dor de despedidas constantes, familias rotas e un fondo sentimento de morriña que semella non ter fin.


Páxina do FICG
Avión en Facebook

Categoría: Noticias
Etiquetas: