MESA REDONDA SOBRE BERLANGA NO CGAI

17 / 01 / 2013

O empeño da Filmoteca Española e do IVAC-La Filmoteca de Valencia por conservar e restaurar a obra do cineasta español Luis García Berlanga (1921-2010), permitiu unha completa retrospectiva do seu cine, con copias nas mellores condicións, dous anos despois do seu falecemento. Como colofón, mañá venres día 18 de xaneiro (20.30 horas), o Centro galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) pecha o ciclo cunha mesa redonda con especialistas organizada coa Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC) e coa presenza do seu presidente, Julio Pérez Perucha, e os consocios da AEHC e catedráticos na Universidade de Santiago de Compostela Margarita Ledo e José Luis Castro de Paz, e a proxección posterior de PARÍS-TOMBUCTÚ (1999), a última longametraxe do cineasta valenciano. A entrada é de balde.    PARÍS-TOMBUCTÚ   

(España, 1999)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Luis García Berlanga, Jorge Berlanga, Antonio Gómez Rufo e Javier G. Amezúa. Produción: Share Total, Freedonia Producciones, Anola Film, coa p
articipación de TVE, Canal Plus e Televisió Valenciana. Fotografía: Hans Burmann. Intérpretes: Michel Piccoli, Concha Velasco, Amparo Soler Leal, Juan Diego. Duración: 113 minutos.
Un prestixioso cirurxián francés, afundido no fastío vital, decide quitarse a vida. A piques de lanzarse pola xanela, ve un peregrino que se dirixe desde París a Tombuctú e decide mudar morte por fuxida. Na viaxe coñecerá a personaxes moi dispares. Síntese ou resumo do universo narrativo, estético e social anterior da súa obra, Berlanga filma a súa última e ácida longametraxe. Goya ao mellor actor de reparto para Juan Diego.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: