Do 5 ao 8 de febreiro de 2013 a partir das 17.30 horas no Museo Gas Natural Fenosa de A Coruña proxectaranse as películas finalistas do Festival Animacam 2012. Entrada de balde ata completar aforo. De 17.30 a 19.00 horas | Películas ON-LINE
Proxección das 41 películas finalistas do festival on-line e votación do público para a elección do ganador do premio á “Mellor Película Animacam 2012”
De 19.30 a 21.30 horas | Películas OFF-LINE
Proxección das 36 películas finalistas do festival off-line e votación do público para a elección do ganador do premio á “Mellor Película Animacam 2012”
O Festival Internacional de Animación On-line www.animacam.tv, de carácter anual e con sé na rede, naceu o 23 de xuño de 2008 en Ourense, coa intención de actuar como ponte intercultural e punto de encontro virtual entre os profesionais da animación e o público, ao permitir que a simple golpe de clic, calquera internauta puidese, desde calquera recuncho do globo cunha conexión a Internet, converterse en espectador e xurado interactivo de obras selectas da animación internacional. Desde entón, cada ano compiten en Animacam, en igualdade de condicións, filmes de directores noveles, con outros de autores de culto a nivel mundial. Desde traballos de fin de carreira de afamadas escolas de animación, pasando por curtametraxes ganadores en prestixiosos certámenes, ata películas candidatas aos premios Goya e Oscar.
A calidade das curtametraxes de animación a concurso e o variado tamiz de xéneros e temáticas, fan de Animacam un completo mosaico do mundo actual, visto a través da variada mirada, sempre sagaz e intelixente, de autores e autoras dos cinco continentes, capaces de satisfacer ao público máis heteroxéneo. Ao longo destes cinco anos, o Festival tivo un promedio de medio millón de visitas mundiais por edición e contribuíu á proxección de Galicia como territorio e cultura en Internet, cun proxecto moderno, dinámico e vanguardista, ao ser o primeiro festival internacional de animación online de España, e no seu xénero do mundo.
Desde a primeira edición de Animacam, os participantes, envorcáronse coa calidade das súas obras, contribuíndo así ao prestixio do mesmo. Aínda malia que os tempos actuais non permiten a existencia de premios xenerosos, autores, productores e distribuidores, agradeceron que produzamos durante todo un ano, un evento destas características, conscientes do enorme desafío que supón para a organización, que envorca todos os seus esforzos neste festival: un espello de espellos das diversas realidades culturais do contexto socioeconómico global.
Este ano 2013, para celebrar os cinco anos de vida, o Festival Animacam aterra na Coruña para presentar, por primeira vez, a súa versión física (off-line). O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC), ademais de ser un dos novos patrocinadores que co seu apoio fai posible Animacam V Edición, será a sé na que se exhiban as películas finalistas a concurso, do 5 ao 8 de febreiro.