PASE DE “FÓRA” MAÑÁ NA SECCIÓN OFF GALICIA DO CGAI

1 / 02 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá sábado día 2 de febreiro (18.00 horas), dentro da sección “Off Galicia”, o filme Fóra, dirixido por Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, un achegamento á  historia oculta dun lugar, o hospital psiquiátrico de Conxo, presidido por uha mestura sagaz de materiais de diversa índole. Os propios autores presentarán a película e manterán un encontro co público ao finalizar a proxección. A entrada é de balde.   FÓRA   

(España, 2012)
Dirección e produción: Pablo C
ayuela e Xan Gómez Viñas. Guión (texto): Pablo Cayuela e María do Cebreiro. Fotografía: Pablo Cayuela. Duración: 95 minutos.  
Unha pescuda sobre as historias ocultas dun lugar: o edificio do hospital psiquiátrico de Conxo. Empregando un dispositivo audiovisual que parte da posta en imaxe do documento, a longametraxe xera unha corrente alterna entre as imaxes da institución e as voces, ligadas aos relatos que abeira o edificio ou a lectura de fragmentos literarios e fontes documentais escollidas pola súa capacidade de resonancia no presente. A Historia de Conxo ―imaxe especular da Historia compostelá― vaise esfarelando en pequenas historias que revelan a necesidade de explorar máis polo miúdo o significado social de determinados espazos reprimidos da memoria urbana. Música de Urro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: