CONCURSO DE FOTOGRAFÍA «DAS CRISES ÁS ALIANZAS»

22 / 04 / 2013

A organización galega de cooperación ao desenvolvemento «Implicadas no desenvolvemento» convoca o concurso de fotografía «Das crises ás alianzas» dirixido a mulleres maiores de idade de calquera nacionalidade residentes en Galicia ou no estado indio de Támil Nadu. 

O obxecto do concurso é promover unha canle de expresión para reflectir de que xeito afectan as crises de calquera tipo na vida da mulleres, tanto do norte coma do sur, e/ou as alianzas e prácticas que se adoptan para superar estas situacións.

Tedes as bases e máis información en http://www.implicadas.com/?sec=7&id_evento=64&lang=gl

Categoría: Noticias
Etiquetas: