O concello de Madrid convoca a XXII edición do certame «Jóvenes Creadores» co fin de establecer maiores cauces de participación dos xoves nos diferentes campos da creación e outorgar un recoñecemento as capacidades artísticas e á innovación dos novos talentos.
Poderán participar mozos españois ou extranxeiros, residentes en España, en idades comprendidas entre 14 e 30 anos, en calquera das seguintes modalidades: Curtametraxe, Aplicación para Smartphone e/ou Tablet, Brak Dance, Danza Xoven,Deseño de Moda, Fotografía Documental, Monólogos, Müsica, Obra Plástica, Proxecto de Innovación Empresarial e Teatro.
O prazo e lugar de presentación varían segundo as modalidades. Podedes consultar as bases do certame en www.madrid.es/juventud