Este próximo sábado 8 de xuño, Cool Films Galicia estrease ao aire libre e en pantalla de cine a súa ultima curtametraxe “For Sale”, despois do éxito de publico e critica recibido no anterior estreo de Lugo, realizado no Salón de Actos da Deputación de Lugo, tócalle agora na Coruña.
A proxección de “For Sale” será nos xardíns Méndez Núñez a partir das 21:30h, e xunto co “For Sale” poderase ver a curtametraxe con mais éxito de publico e critica este ano de Galicia “Mr. Smith & Mr. Wesson”, no que interveñen grandes nomes do audiovisual galego actual (Matalobos).
Ambas proxeccións estarán dentro dos actos InCoruña e realizadas por “Por Amor al Arte” marca dependente do festival de cine coruñés do mesmo nome e onde este ano, Cool Films Galicia conseguiu colocar dúas curtametraxes “Pecados” e “Julieta” entre os catro finalistas do premio do publico, de entre 400 obras.
A entrada será gratuíta e estarán presentes os directores de ambas curtametraxes e algúns actores.
Trailer For Sale: http://www.youtube.com/watch?v=10WQXlW-jos&feature=youtu.be