SEMINARIO BRANDED ENTERTAINMENT EN COMPOSTELA

7 / 06 / 2013

A Asociación Galega de Guionistas organiza para o vindeiro xoves, día 20 de xuño de 16 a 19h un seminario de Branded Entertainment na sede da SGAE en Santiago.

 

Desde hai uns anos vense falando moito de branded entertainment e branded content como posible táboa de salvación do actual modelo de industria audiovisual, unha industria en profunda crise tanto económica como de identidade á que lle cómpre reinventarse urxentemente. Mais, que é o branded entertainment? E o branded content? E o advertaiment?

Moitas son as preguntas que xorden. Que papel xoga o guionista na creación deste tipo de contidos? É como un copy dunha axencia publicitaria ou ten liberdade de movemento? Como accede un creador co seu proxecto aos departamentos de marketing das empresas? Ou son as empresas as que procuran aos creadores? Como é o protocolo e o proceso de desenvolvemento deste tipo de proxectos?

 

O vindeiro xoves 20 de xuño de 2013 entre as 16h e as 19h daremos resposta a todas estas cuestións no Seminario de Branded Entertaiment que impartirá Adolfo Ponte, fundador de INNOAV, a primeira Axencia de branded entertainment e branded content de Galicia.  O Seminario terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2)

 

TARIFAS

É gratuito para os socio AGAG.

Os non socios AGAG:

Tarifa xeral: 25 €

Tarifa reducida: Estudantes Audiovisual (Facultade / Master/ Módulo): 20 €

 

Máis información en https://www.facebook.com/notes/agag-asociaci%C3%B3n-galega-de-guionistas-screenwriters-guild-of-galicia/seminario-branded-entertainment/522593011134936

Categoría: Noticias
Etiquetas: