INICIO DA GRAVACIÓN DE CHAPA E PINTURA, A NOVA SERIE DE VOZ AUDIOVISUAL

5 / 08 / 2013

Voz Audiovisual, productora de grandes éxitos de audiencia da Televisión de Galicia, como «Mareas vivas», «Pai Casares» ou «Matalobos», iniciou esta semana a gravación da súa nova serie.  O seu título, «Chapa e pintura»; unha comedia que chegará á grella da Televisión de Galicia o próximo outono. 

Gravada integramente nos decorados da productora na Coruña, a serie transpórtanos a un ficticio vecindario onde, entre outros establecementos, conviven unha tenda- taller de motos e un salón de beleza. Unha tranquila e próspera rúa peatonal onde a vida podería transcorrer moi placenteiramente, si non fóra polas intrigas dos seus veciños, envolvidos nesa guerra tan incesante como divertida, que é a guerra de sexos.

 

Reparto de luxo

Chapa e pintura conta cun reparto de primeira. Algúns dos rostros máis queridos polo público galego, entre os que destacan: Manuel San Martín (Géminis, Libro de familia), Mara Sánchez (Mareas vivas, Libro de familia, Matalobos), Carolina Vázquez (Padre Casares, Matalobos, A miña sogra e máis eu), Vitoria Teijeiro (episódica en series como Águila Roja, Aída, Cóntame), Xoel Yáñez (Matalobos, Vilamor), Miguel Pernas (Mareas vivas, Pratos combinados, Góndar), Fernando Dacosta (Pradolongo, A metade dá vida), Mariana Expósito (Matalobos, Padre Casares, Escoba!), Dores Gipini (A miña sogra e máis eu) e Fernando González.

 

Música de primeira

Voz Audiovisual puxo en marcha, o pasado mes, un concurso aberto para elixir o tema de cabeceira da serie. A convocatoria estendeuse a todos os músicos, grupos musicais e artistas do mundo da música, de dentro e fóra de Galicia.

Pechado xa o prazo de admisión, a productora seleccionou tres temas finalistas: Teño ou corazón, asinado por Carlos Bau; Prepárache para sufrir, de Ramón Feáns; e un terceiro tema, sen título, asinado por Manuel Ramil.

Categoría: Noticias
Etiquetas: