O FESTIVAL ANIMACAM CHEGA AO ALBERGUE DOS BIOCOS

6 / 08 / 2013

Desde o xoves 15 ata o domingo 18 de agosto terá lugar no albergue dos Biocos o 1º Maratón de Animación Internacional Festival AnimaCam (V Edición).

Cuarenta e dúas películas de debuxos animados procedentes de vintedous países, premiadas en festivais de todo o mundo e, finalistas no Festival Internacional AnimaCam 2012, proxectaranse do 15 ao 18 de agosto de 2013, no 1º Maratón de Animación Internacional Festival Animacam V Edición, que terá lugar no Albergue Os Biocos.

O público asistente poderá exercer o seu dereito a voto, tralas proxeccións dos filmes, para outorgar o premio Solsticio de Verán ao mellor guión e o premio Solsticio de Verán aos mellores efectos visuais, das películas participantes no Maratón.

Así mesmo, do venres 9 ao martes 13 de agosto teremos veladas astronómicas no albergue dos Biocos co gallo da chuvia de estrelas das bágoas de San Lourenzo.

As veladas astronómicas ou tamén chamadas Noites de Estrelas son eventos organizados os venres e sábados de xullo e agosto, desde o albergue dos Biocos, para aquelas persoas interesadas na Astronomía, nas observacións nocturnas no medio natural e en aprender a empregar un telescopio. Desta volta, as Noites de Estrelas teñen engadido o atractivo da chuvia de Estrelas das Perseidas.

As Noites de Estrelas teñen a seguinte estructura:

20:00 Sesión de planetario dixital
21:00-23:00 Cea
23:00- Astronomía con telescopios
Descontos para varias noites.
20€ – 50% desconto menores 12 anos

Categoría: Noticias
Etiquetas: