Estase a piques de pecharse o prazo para apuntarse aos obradoiros de Contacto Rep Rap. Obradoiro de introdución ao 3D printing e o Obradoiro en Familia que organiza Esferobite.
Contacto Rep Rap. Taller de introdución ao 3D printing (impresión 3D)
Si che interesa a nova revolución tecnolóxica da impresión 3D, que nos permite fabricar obxectos 3D na nosa propia casa, con tecnoloxías abertas, a custos asequibles e sen necesidade de coñecementos de enxenería corre a apuntarche xa mesmo.
Rep Rap é un proxecto de código aberto que desde a filosofía “faino ti mesmo” puxo esta tecnoloxía ao alcance de todos. Trátase, sen dúbida, dunha tecnoloxía disruptiva que traerá unha nova revolución industrial: o punk do século XXI.
Neste taller penetrarémonos na tecnoloxía 3D Printing con Rep Rap e descubriremos as súas posibilidades dunha forma amena e práctica.
Ademais fabricaremos obxectos para que todos teñan o seu souvenir 3DP e forneceremos o coñecemento necesario para enfrontarse ao reto do proxecto 3DP.
Dende Esferobite coordinan este curso de impresión 3D impartido por Carlos Santos.
Datas: 1 ao 5 de outubro
Horario: de 19:00 a 21:00
Lugar: MAC A Coruña
Inscrición en MAC: ata o 26 de setembro
Máis información na web de MAC.
Descarga PDF informativo con programa completo.
Convírtete en píxel animado.Obradoiro en familia
Chega o outono e con el as choivas. Se non sabes que facer cos nenos os sábados pola mañá, apúntache a este divertido taller onde cada alumno representará a un pixel móbil que se desprazará pola pantalla creando diversas formas e movementos.
Existe unha parte didáctica de iniciación ao stop-motion coa asimilación de software básico para tal efecto e á aprendizaxe da animación do stop-motion instrumentalizando o propio corpo humano (técnica denominada pixelación).
O taller está dirixido para nenos entre 4 e 12 anos.
Datas: 19, 26 de outubro, 2 e 9 de novembro de 2013.
Horario: sábados de 11.30 a 13.30 horas.8 horas presenciais en 4 sesións de 2 horas.
Lugar: MAC A Coruña
Inscrición en MAC: en horario de apertura ao público e antes do 17 de outubro de 2013.
Máis información na web de MAC.
Descarga PDF informativo con programa completo.
Descarga PDF informativo con programa completo.