Importante presenza galega nos Premios Goya e nos Premis Gaudi

12 / 12 / 2018

A Academia Galega do Audiovisual celebra a importante presenza de proxectos e de profesionais do audiovisual galego entre os finalistas aos Premios Goya e aos Premis Gaudi que veñen de publicar a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e mais a Acadèmia del Cinema Català, respectivamente.

Entre os finalistas aos Premios Goya atópansese Javier Gutiérrez, candidato a Mellor actor, por Campeones; e Luis Zahera, a Mellor actor de reparto, por El reino. La sombra de la ley é candidata a Mellor dirección de fotografía, Mellor dirección artística, Mellor deseño de vestiario, Mellor maquillaxe e perruquería (Noé Montes e Raquel Fidalgo), Mellores efectos especiais e Mellor música orixinal (Manu Riveiro). Desenterrando Sad Hill a Mellor película documental; Memorias dun home en pixama a Mellor filme de animación; Soy una tumba a Mellor curtametraxe de animación; e Matria a Mellor curtametaxe de ficción.

Memorias dun home en pixama compite tamén como Mellor película de animación nos Premis Gaudí, onde La sombra de la ley opta a Mellor vestiario, Mellor maquillaxe e perruquería e Mellores efectos visuais e Trinta Lumes a Mellor película documental.

Algunhas destas pezas pasaron polos nosos Premios Mestre Mateo 2018, outras están inscritas nos Mestre Mateo 2019 e algunha composición musical puidemos escoitala, por primeira vez, na Semana das Músicas do Audiovisual (SEMUA) 2018. Todas elas forman parte, xa, da Historia do noso audiovisual.

Categoría: Novas
Etiquetas: