TALLER MOTION GRAPHICS CON AFTER EFFECTS IMPARTIDO POR JUAN LESTA E BELÉN MONTERO

9 / 10 / 2013

Do 15 ao 30 de outubro de 2013, de martes a venres de 19.30 a 21.30h, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa acolle o obradoiro de Motion Graphics con After Effects, impartido por Juan Lesta e Belén Montero. O prazo para inscribirse está aberto.o.

Abordarase de modo práctico o traballo con After Effects, introducíndonos nas particularidades de funcionamento do deseño aplicado á pantalla e ao parámetro tempo. Formularanse exercicios prácticos para que o alumno poida experimentar en cada unha das áreas temáticas e comentaranse en clase exemplos reais de traballos audiovisuais analizando a súa realización. Para finalizar, cada alumno creará a súa propia película na que aplicará os coñecementos adquiridos.
Animación básica na liña de tempos, animación de textos, transformación de obxectos, máscaras, aplicación de efectos, son e formatos de vídeo, render e masterizado, son algunhas das técnicas que se verán neste curso e que servirán ao alumno como punto de partida para internarse en proxectos de animación ou motion graphics.

Máis información en http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297136726137/35_informacion_general_cursos_y_talleres_after_effects_2013.pdf

Categoría: Noticias
Etiquetas: