MAÑÁ PARADIES: LIEBE CHEGARÁ A SALA DO CGAI

4 / 11 / 2013

Mañá, martes día 5 de novembro ás 18 e 20.30h, terá lugar a proxección do filme de Ulrico Seidl “Paradies: Liebe” (Paraíso: amor), no Centro Galego de Artes da Imaxe.

PARADIES: LIEBE / PARAÍSO: AMOR
(Austria-Alemaña-Francia, 2012)
Dirección: Ulrich Seidl. Guión: Veronica Frantz e Ulrich Seidl. Produción: Ulrich Seidl Film Produktion GmbH, Tatfilm, Société Parisienne de Production, ORF Film/Fernseh-Abkommen, WDR/Arte, ARD Degeto Film e Arte France. Fotografía: Wolfgang Thaler e Ed Lachman. Intérpretes: Margarethe Tiesel, Peter Kuzungu. Duración: 122 minutos.
Primeira entrega dunha triloxía que retrata tres mulleres dunha mesma familia nas súas vacacións, tres mulleres na procura de felicidade. Esta primeira, con boas doses de humor, achégase ao turismo sexual. Nas praias de Quenia chaman “sugar mamas” ás europeas que aseguran, a troco dun pouco de amor, a subsistencia de mozos africanos. Teresa, unha cincuentona austríaca, viaxa a este paraíso do exotismo. O maxistral retratista austríaco, Ulrich Seidl, (Models, Import/Export) nun dos retos da súa vida. Sección Oficial Cannes 2012 e gañadora na Viennale.

Categoría: Noticias
Etiquetas: