AS LONGAS GAÑADORAS DOS MESTRE MATEO PROXÉCTANSE EN BARCELONA

18 / 11 / 2013

A estreita colaboración que manteñen as academias galega e catalana de cinema segue a dar os seus froitos. Se hai uns días se comunicaba de maneira oficial a emisión das obras nomeadas ós premios do cinema catalán, os Premis Gaudí, agora son algunhas das obras galardoadas có Premio Mestre Mateo as que serán exhibidas.

A longametraxe documental “100% CEF” proxectarase o día 19 do presente mes de novembro, ás 18.30 horas, na Sala Mompou de Barcelona (Paseo de Colón, 6). Á emisión acudirá o director e guionista do documental, Aser Álvarez.

Acto seguido, ás 20 horas, emitirase “O Apóstolo”, de Fernando Cortizo. Esta longametraxe, recentemente preseleccionada para optar ós Óscar, converteuse nunca das sensacións do último ano e está a ter unha gran aceptación a nivel internacional.

Pola súa banda, o día 20 de novembro terá lugar na sede do CGAI (Calle de Durán Loriga, 10 A Coruña) a proxección das curtas nomeadas ós Premis Gaudí, nun acto que empezará ás 18 horas. As obras a proxectar serán «Luisa no está en casa», de Celia Rico; «Elefante», de Pablo Larcuen; «Coup de Grace» de Clara van Gool; e «Cartas desde la locura» de Xavi Puebla.

A entrada a ambas sesións é de balde.

Etiquetas: