RECUPÉRANSE AS PROXECCIÓNS SUSPENDIDAS O DOMINGO NO OUFF

20 / 11 / 2013

Solventados os problemas técnicos co proxector de DCP que obrigaron a suspender os pases do pasado domingo, as películas de selección oficial El Rayo e Kohlhaas ou a proporcionalidade dos medios terán cadanseu terceiro pase o venres 22 de novembro. Ambos filmes xa foron proxectados sen problemas, pero para estar en igualdade de condicións co resto das películas de competición recuperarán o horario das suspensións o venres de xeito que cada película en loita polas Calpurnias teña un pase ás 17:30h, outro ás 20:00h e outro ás 22:30h. A gran damnificada deste cambio é a portuguesa Operação Outono, que cae da programación. En calquera caso, a grella para o venres queda do seguinte xeito:

 

Sala azul

Sala vermella

Sala principal

17:30h

Blue Valentine

Las imágenes perdidas..

Mapa

20:00h

Kohlhaas…

Noche de vino y copas

Searching for sugar man

22:30h

El Rayo

Violeta se fue a los cielos

Mapa

 

CONVOCATORIAS PARA o MÉRCORES 20 de NOVEMBRO

  • 10:00h | El Tragaluz – pza. de San Martiño – Almorzos entre directores—

Laila Pakalnina, directora de Pizzas | selección oficial competitiva
JT Villalobos, director de Mulberry Stains | selección oficial competitiva
Fernando Cortizo, director de O Apóstolo | OUFFescola

  • 11:00h | Auditorio – O Apóstolo [FOTOS!] rapaces de educación primaria: previsión de 700.
  • 20:00h | Teatro Principal – Entrega do Premio Cidade de Ourense a Pedro Olea + proxección de El bosque del lobo
Categoría: Noticias
Etiquetas: