AS CURTAS DOS PREMIS GAUDÍ VISITAN O CGAI

20 / 11 / 2013

A estreita colaboración que manteñen as academias galega e catalana de cinema segue a dar os seus froitos. Se onte día 19 de novembro se exhibían en Barcelona algunhas das obras galardoadas có Premio Mestre Mateo, hoxe mércores día 20 de novembro será a quenda da proxección das obras nomeadas nos premios do cinema catalán en A Coruña.

Na sede do CGAI (Calle de Durán Loriga, 10 A Coruña) terá lugar a proxección das curtas nomeadas ós V Premis Gaudí, nun acto que empezará ás 18 horas. As obras a proxectar serán «Luisa no está en casa», de Celia Rico, que ven de gañar o premio á mellor produción española no Festival Filmets de Badalona; «Elefante», de Pablo Larcuen; «Coup de Grace» de Clara van Gool; e «Cartas desde la locura» de Xavi Puebla. A entrada é de balde ata completar aforo.

Etiquetas: