A SEMUA é un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, da Orquesta Sinfonica de Galicia e da Banda Municipal de Música da Coruña que, baixo a batuta do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte.
A semana adicará este ano unha especial atención á figura de José Nieto, un referente como compositor que conta con máis de cen partituras para cine e tv e que traballou cos máis prestixiosos cineastas españois, como Manuel Gutiérrez Aragón, Vicente Aranda, Imanol Uribe ou Javier Villaverde, entre outros.
A Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Andrés Valero-Castells, ofrecerá un gran concerto no Teatro Colón de A Coruña o venres 26 de Outubro no que interpretará algunhas das principais partituras de José Nieto así como temas de compositores galegos de renome como Xavi Font, Sergio Moure, Manu Conde, Manu Riveiro ou o propio Nani García.
Outra pata fundamental da Semana das Músicas do Audiovisual serán os Obradoiros e Masterclass para profesionais ou especialistas da música que terán lugar ao longo de toda a semana e que contan coa presenza de Dario Palomo, Lucas Suárez, Vanessa Garde e Vicent Tobar. Asimesmo, inauguraremos no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) o ciclo de proxeccións A Ilusión é perfecta, que abriremos con dúas películas con Banda Sonora de José Nieto que serán presentadas e comentadas polo seu autor.
Como novidade, nesta terceira edición da SEMUA abriremos a programación cun Concerto Didáctico para público familiar conducido pola Banda Municipal de Música de A Coruña no Teatro Colón, no que se interpretarán temas orientados a público infantil. Este mesmo concerto repetirase dous días máis para público infatil . Este mesmo concertó repetirase dous días máis para escolares de diferentes centros educativos.
DOMINGO 21
12h15 – 13h05
Concerto en Familia.
Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
No Teatro Colón, A Coruña.
LUNS 22
10h00 – 10h50
Concerto Didáctico.
Destinado a alumnos de diferentes centros educativos de A Coruña. Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
No Teatro Colón, A Coruña
17h00 – 20h00
Obradoiro Musimagen: A Lei de Propiedade Intelectual na contorna dixital actual.
No Teatro Colón, A Coruña
Impartido por Darío Palomo
MARTES 23
10h00 – 10h50
Destinado a alumnos de diferentes centros educativos de A Coruña. Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.
No Teatro Colón, A Coruña
17h00 – 20h00
Masterclass A Composición Musical para Videoxogos.
No Teatro Colón, A Coruña.
Impartido por: Vicent Tobar[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/2″][vc_column_text]
MÉRCORES 24
10h00 – 13h00
Masterclass Plantillas na composición para audiovisual.
No Teatro Colón, A Coruña.
Imparte: Vanessa Garde
17h00 – 20h00
Masterclass A Guitarra no Film Scoring.
No Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Imparte: Lucas Suárez
XOVES 25
CICLO A ILUSIÓN É PERFECTA
Adicado ao compositor José Nieto
18h00 Proxección La Aldea Maldita
Presentada e comentada por José Nieto
20h30 Proxección Finisterre
Presentada por José Nieto
VENRES 26
CONVERSA CON JOSÉ NIETO
11h00 No Conservatorio Superior de Música da Coruña
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas.
Partituras de José Nieto e compositores galegos escritas para cine e TV.
20h30 No Teatro Colón, A Coruña
Director: Andrés Valero-Castells
OBRADOIRO MUSIMAGEN: A LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL NA CONTORNA DIXITAL ACTUAL
Luns 22, de 17h00 a 20h00. No Teatro Colón (Avd. Marina nº 7A).
Entrada gratuíta, previa inscrición a través do correo-e
producion@academiagalegadoaudiovisual.gal.
Neste Obradorio explicarase como funciona o dereito de autor musical en España. Analizaranse os tipos de obras, a comparativa internacional sobre a música audiovisual, o sistema de reparto de dereitos a Cuesheet ou o problema de “La Rueda”, entre outros temas.
MASTERCLASS COMPOSICIÓN MUSICAL PARA VIDEOXOGOS
Martes 23, de 17h00 a 20h00. No Teatro Colón (Avd. Marina nº 7A).
Entrada gratuíta, previa inscrición a través do correo-e producion@academiagalegadoaudiovisual.gal. Nesta charla explicamos os procesos e as ferramentas das que dispón un músico ou compositor para adentrarse e profesionalizarse na industria dos videoxogos, dende a composición, a produción e a gravación. A charla finalizará cunha mostra práctica
MASTERCLASS PLANTILLAS NA COMPOSICIÓN PARA AUDIOVISUAL
Mércores 24, de 10h00 a 13:00. No Teatro Colón (Avd. Marina nº 7A).
Custo: 15€ 10€ socios AGA, 5€ socios Sgae
Venta de Entradas en www.fundacionsgae.com
A creación dunha plantilla no secuenciador facilita, en moitas ocasións, o labor de crear música para audiovisual. Ao estar “todo listo”, a creatividade pode enfocarse en facer música e non en buscar “x» sonido. O obxectivo principal da charla é considerar ter unha plantilla e as claves para que sexa eficiente.
MASTERCLASS A GUITARRA NO FILM SCORING
Mércores 24, de 17h00 a 20h00. No Conservatorio Superior de Música da Coruña (Rúa Manuel Murguía, 44).
Acceso libre e gratuíto ata completar aforo.
Na gravación dunha banda sonora, sexa para unha longametraxe, serie ou documental, o compositor achega o seu traballo feito, mais con frecuencia o guitarrista asume un papel que vai máis ala do que está escrito e do propio instrumento. O Obradoiro quere achegar as ferramentas teóricas e prácticas para facilitar aos guitarristas encarar este rol e amosar as expectativas que se agardan, ampliando a visión creativa do músico e dando a coñecer unha faceta do instrumento pouco explorada ata agora.
AS NOSAS MÚSICAS, COMPOSITORES GALEGOS
Concerto bandas sonoras do cinema español: As nosas músicas interpretadas pola Orquesta Sinfónica de Galicia
Venres 26 ás 20h30. No Teatro Colón, A Coruña.
Custo: 10€. Venta de entradas: www.ticketea.com, 902 044 226, billetería da Praza de Ourense, billetería do Teatro Colón 1h antes do evento (só se quedan entradas dispoñibles).
José Nieto
Carmen 10 ́11”
Pasión revolucionaria (Libertarias) 6 ́40”
El caballero del dragón (suite sinfónica) 17´
José Nieto desenvolveu a súa carreira en practicamente todos os campos da música (jazz, ballet,teatro…), mais a faceta máis coñecida é a de compositor cinematográfico.
Entre as máis de 100 partituras para cine e tv que compuxo, podemos citar El Caballero D. Quijote de M. Gutierrez Aragón, Tirant lo blnac, Carmen, Juana la loca, Libertarias, La Pasión Turca, Amantes, Intruso e Celos de Vicente Aranda; Bwana, Días Contados e El Rey Pasmado de Imanol Uribe; El Perro del Hortelano e Bertenebros de Pilar Miró; Finisterre e El Continental de Xavier Villaverde; Esquilache e Teresa de Jesús de Josefina de Molina, etc…
Entre outros premios, recibiu tres veces o premio do Círculo de Escritores Cinematográficos, seis veces o Premio Goya da Academia da Ciencia e das Artes Cinematográficas de España e a Espiga de Oro na 41 Semana Internacional de Cine de Valladolid.
Nani García
Muller na atalaia que o comprende todo (De Profundis) 5´
Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes e programas de TV, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz,producións audiovisuais ou producións para outros artistas. O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras, a multipremiada curtametraxe de animación O Xigante e, neste 2017, The never-ending wall, que o sinala como un dos especialistas no xénero. Nani García ven de participar na última gañadora do Oscar a mellor pelicula de fala non inglesa, a chilena Una mujer fantástica.
Manu Conde
Contou Rosalía 9’
Compositor versátil, combina a súa faceta como guitarrista no grupo Milladoiro coa composición de banda Sonora para proxectos de cine e tv. Entre os seus últimos traballos destacan as composicións para as series Serramoura ou Dalia, a modista, as mini series como Juan de Vega, Vizcondesa do arado, Contou Rosalía ou O Sabor das Margaridas, así como o documental O Segredo da Ría ou programas para televisión como Verbenalia ou Bamboleo.
Sergio Moure
Un buen hombre 8,5’
No 2004 compón a Banda Sonora de Inconscientes que supón a súa primeira partitura de cine conseguindo unha nominación aos premios Goya e aos Premios Gaudí. Nos ultimos anos destacan as composicións para longametraxes Como Tesis sobre un Homicidio, Secuestrados, Lobos de Arga, Extincion, Somos gente Honrada , Todo es Silencio, El Cuerpo ou Lobos Sucios, entre outras. A súa música foi interpretada pola Orquesta Sinfónica de Praga, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de RTVE, A SIF 309 de Sofía, Bulgaría, Real Filharmónica de Galicia, A Orquesta Sinfónica de Euskadi ou a Mad4Strings, entre outras grandes Formacións
Xavi Font
Tiempo sin aire 9’
Debutou no mundo audiovisual en 2006 e en 2010 xa contaba cun nomeamento aos XXIII Premios Goya pola composición do tema principal do filme Agallas. Na actualidade leva compostas máis de 30 partituras para cine, entre as que destacan Abrígate, El diario de Carlota, Agallas, Tiempo sin Aire e O Apóstolo, polo que recibe en 2013 o premio Mestre Mateo á mellor música original xunto co premio á mellor banda sonora no Festival de Cine Fantástico de Lisboa. Recentemente, realiza varias bandas sonoras para series de televisión, entre as que destaca a produción galego-portuguesa Vidago Palace e Comtes de Barcelona, en 2017, e a súa participación en La sombra de la Ley e Hierro en 2018.
Manu Riveiro
La Sombra de la Ley 10´
Músico e compositor que a mediados dos noventa comezou compondo música para teatro no seu concello natal de Catoira e uns anos máis tarde deu o salto ao audiovisual. Isto levouno a realizar unha intensa labor creativa tanto a nivel nacional como internacional. No eido da televisión destaca por series como Padre Casares ou El final del camino. Para a gran pantalla ten participado no filme galego El desconocido (Mestre Mateo 2016), ou nas películas norteamericanas The Green Inferno e Toc Toc dirixidas por Eli Roth. Recentemente compuxo a música para a película de terror mexicana El habitante, recibindo o premio á mellor banda sonora no Festival Horrorant Film Fest 2018 de Grecia. En Outubro do presente ano estrearase La Sombra de la Ley de Dani de la Torre, da cal se extrae esta suite.
CONCERTO EN FAMILIA E CONCERTOS DIDÁCTICOS
A Banda Municipal de Música de A Coruña interpreta Bandas Sonoras de curtametraxes galegas e obras universáis acompañadas de imaxes e orientadas a público infantil
«Concerto En Familia”
Domingo 21 de outubro as 12h15
No Teatro Colón de A Coruña
Duración: 50 min.
Entrada gratuíta. Acceso libre ata completar aforo
“Concertos Didácticos”
Luns 22 e Martes 23 de Outubro as 10h00
No Teatro Colón de A Coruña
Duración: 50 min.
Público escolar. Entrada gratuíta, previa inscrición do centro educativo
Programa:
Charla introdutoria sobre o papel da música en relación á imaxe (Nani García)
Curtametraxe Villa Pelusa (Marcos Mato)
Curtametraxe O Xigante (Nani García) 9´
Suite con música de curtametraxes de Charles Chaplin 13´
Suite El Fantasma de la Ópera (Andrew Lloyd Webber) 15´
*Todas as pezas levarán proxeccións de fondo das obras interpretadas.