Luis Velo, director xeral de Movistar TV, estará o vindeiro martes 6 de maio no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio a Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para impartir o foro “A televisión do futuro”. Durante o encontro, Velo analizará o futuro da televisión de pago nun escenario multicanal, dixital e interativo.
O director xeral de Movistar TV ofrecerá unha panorámica do escenario televisivo actual caracterizado polo consumo televisivo á carta, o negocio das plataformas televisivas e a creación de contidos de valor engadido para móviles e segundas pantallas na era da Internet 2.0. Ademais, explicará o papel de Telefónica como operador televisivo e xestor de contidos.
Enxeñeiro Industrial e MBA Executive, Velo foi presidente executivo do grupo Telefe en Argentina, director xeral de contidos e director xeral de eCommerce de Terra Networks, e conselleiro delegado de Antena 3 TV. Ata o seu nomeamento coma director xeral de Movistar TV e responsable de Video en España, foi responsable a nivel mundial de operacións de video do Grupo Telefónica.