33 PRODUCTORAS PRESENTAN 89 PRODUCCIÓNS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 04

18 / 01 / 2005

Un total de 33 empresas productoras –incluíndo a TVG- presentan un total de 89 produccións ás 25 categorías en que se distribúen os “Premios Mestre Mateo 04”, que este ano celebrará a súa Gala de Entrega o 13 de marzo próximo. A Academia Galega do Audiovisual está xa en pleno proceso de elección de Nominados, tendo este ano como novidade dentro das Bases que rexen os MM’04 a carencia de Xurado, é dicir, que son os propios socios da Academia quen elixen tanto ós Nominados na primeira fase, como ós gañadores na derradeira fase do proceso. 33 PRODUCTORAS PRESENTAN 89 PRODUCCIÓNS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 04

Este ano os Premios carecen de Xurado, sendo os socios da Academia Galega do Audiovisual quen elixan ós gañadores

Martes 18 de xaneiro de 2005.- Un total de 33 empresas productoras –incluíndo a TVG- presentan un total de 89 produccións ás 25 categorías en que se distribúen os “Premios Mestre Mateo 04”, que este ano celebrará a súa Gala de Entrega o 13 de marzo próximo. A Academia Galega do Audiovisual está xa en pleno proceso de elección de Nominados, tendo este ano como novidade dentro das Bases que rexen os MM’04 a carencia de Xurado, é dicir, que son os propios socios da Academia quen elixen tanto ós Nominados na primeira fase, como ós gañadores na derradeira fase do proceso.

O 27 de xaneiro remata o prazo para realiza-las alegacións dos socios, ás candidaturas presentadas, candidaturas que foron presentadas xa nos meses de novembro e decembro pasados. O día 12 de xaneiro abríuse o prazo de alegacións ás mesmas.

Son un total de 25 as categorías a las que se presentan las candidaturas a los Premios MM’04: Mellor Longametraxe, Mellor Película de TV, Mellor Programa de TV, Mellor Serie de TV, Mellor Documental, Mellor Produción Interactiva, Mellor Produción de Publicidade, Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Dirección de Produción, Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Maquillaxe e Perruquería, Mellor Deseño de Vestiario, Mellor Dirección Artística, Mellor Montaxe, Mellor Son, Mellor Guión, Mellor Banda Sonora, Mellor Dirección, Mellor Realización, Mellor Comunicador de TV, Mellor Interpretación Masculina Protagonista, Mellor Interpretación Feminina Protagonista, Mellor Interpretación Masculina de Reparto, Mellor Interpretación Feminina de Reparto.

Etiquetas: