ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV FESTIVAL DE CINE CENTRIFUGADO E CANALLA DE SADA

9 / 12 / 2011

Yo soy de amor e Bucle foron os traballos premiados no IV Festival de Cine Centrifugado e Canalla de Sada, que tivo lugar na localidade coruñesa do 1 ao 4 de decembro organizado por CCyC Producciones Audiovisuales.

Concorreron á convocatoria do certame 152 curtametraxes, entre as que foron seleccionadas 12 finalistas: The Astronaut on the Roof, de Sergi Portabella, Berlín, de J. Enrique Sánchez, Inmóvil, de Helio Mira, Llama ya, de Jorge Naranjo, Yo soy de amor, de Carlo D’Ursi, Un novio de mierda, de Borja Cobeaga, Bucle, de Aritz Moreno, La media pena, de Sergio Barrejón, Smoking Dead, de Pedro Folla, Un día de playa, de Edu Lavandeira, Con cara de gilipollas, de Daniel Diosdado e Eva Redondo, e G, de Diego Puertas.

Entre todas elas, un xurado outorgou o premio á mellor curtametraxe de humor canalla a Yo soy de amor, e o premio á mellor curta centrifugada a Bucle. O premio á mellor curta made in Galicia declarouse deserto, o mesmo que o premio especial do público, que era o único con dotación económica do festival (500 euros). Dita cantidade sumarase ao importe do premio do ano próximo. Durante o certame tamén se outorgou o II Premio Chichi Campos á traxectoria audiovisual canalla ao polifacético showman Miguel Angel Monzón (El Gran Wyoming).

 

Categoría: Novas
Etiquetas: