O Concurso Microcoruñas, ao que se presentaron máis de 170 micropoemas, microrelatos e microcurtas relacionados coa cidade coruñesa e que conta coa colaboración de FNAC Coruña, celebra o seu acto de entrega de galardóns o sábado día 9, na Fundación Luis Seoane, as 20:30 horas.
Os membros do xurado foron Marta Otero, Miguel Anxo Fernán Vello, Ana Abelenda e Manolo Lourenzo.
Por outra banda, os organizadores do certame, 4 Cuentos Taller de Escritura, tamén estarán presentes durante a Feira do Libro da Coruña, en colaboración co Concello da cidade e o VIII Centenario, nas seguintes actividades:
Marinedas
Literatura e cidades, cidades e literatura
Venres 1: Pasado e presente dunha cidade literaria: A Coruña. Relatora: Xulia Santiso
Sábado 2: O Madrid de Historias do Kronen. Relator: José Ángel Mañas
Xoves 7: A Barcelona negra e mediterránea de Vázquez Montalbán. Relator: Paco Camarasa
Venres 8: A odisea coruñesa. Relator: Manuel Rivas
Lugar: Carpa da Feira do Libro da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez
Hora: 21 horas
Máis información en: http://www.4cuentos.com/actividades.htm