“EMPATÍA” PERCORRERÁ CINCO CIDADES DO PANORAMA GALEGO, PORTUGUÉS E ESPAÑOL

20 / 09 / 2010

O pasado venres 17 de setembro estreouse na Pobra do Caramiñal a curtametraxe ‘Empatía’, producida por Mr Misto Films, dirixida por Carlos Seijo e rodada na Curota. Este era o inicio dun “Roteiro empático” que percorrerá catro cidades galegas e portuguesas e rematará en Madrid, xa que a curta acaba de ser incluída no Festival Internacional de Curtametraxes La Boca del Lobo, que se celebra entre o 20 e o 30 de outubro.

Así, despois do seu estreo na Pobra, “Empatía” proxectarase o venres 24 de setembro en A Coruña, ás 22 horas na praza de Azcárraga, dentro do programa de Setembro de Cine’ 10. Ao día seguinte, o 25 de setembro, a curta viaxará ao Festival de Cinema Portugués e Galego, Filminho, celebrado en Vila Nova de Cerveira e Tomiño; e entre o 1 e o 10 de outubro, incluiráse na programación no Panorama Galiza do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).

Categoría: Novas
Etiquetas: