Continúa, este mércores mércores 23 de novembro de 2011, no Cinebox Ourense, o ciclo “Ao nordés”, cunha mirada no cine de Finlandia. Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense, e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario e parados).
EILA (EILA) NO CINECLUBE PADRE FEIJÓO
eila-cineclube-padre-feijoo
EILA (Eila)
Finlandia, 2003. Cor, 94 min.
Eila traballa como señora da limpeza. O seu fillo, recén saido da cárcere, múdase con ela.
Iso non é todo; no seu traballo comezan os problemas sindicais. Eila non desexa ir á folga, porque o seu traballo é a única maneira de darlle ao seu fillo unha nova vida. Sen embargo, cando recibe unha carta de despido, decide querelarse contra o estado.
(Baseada en feitos reais, o caso de Eila, tivo certa repercusión en Finlandia, cando os medios descubren, a comenzos da década do 2000, a unha muller puntual e cumpridora, que é despedida a pesar de todo)
Eila é un filme de orientación social, que eloxia a loita dunha comunidade, pola dignidade e o respecto aos demáis; liderado por unha muller tímida e asustada, que volta e nai orgullosa pola defensa dos seus dereitos, e da súa familia.
Nominada a 8 premios Jussi 2004 (Goya finlandés), gañou 2; á mellor actriz e dirección.
Director: Jarmo Lampela
Producción: Blind Spot Pictures Oy.
Guión: Tove Idström.
Interprétes: Sari Mällinen, Ilkka Koivula e Hannes Suominen
Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán.
Máis información e imaxes en http://cineclubepf.blogspot.com