DRAKO, DE FRANCISCO BRIVES: O CINE EXPERIMENTAL ÁBRESE PASO CARA OS GOYA

9 / 10 / 2013

O cine experimental do Galego Francisco Brives  estréase en salas comerciais este venres 11 de outubro ás 20:15h na sala Artistic Metropol de Madrid. Este estreo coincide coa presentación ás candidaturas dos Goya deste ano. A película opta a 19 das precandidaturas e segundo a productora será unha das loitadoras ás finalistas, xa que conta cunha impecable factura de fotografía e arte así como un actor revelación Rubén de Mariña que literalmente estremece nas escenas de máxima violencia. Francisco Brives é un director atípico, a súa primeira longametraxe “Nunc et in hora” non superou os rankin de taquilla nin chegou ás listas de fotogramas, é máis, non lle interesan, como tampouco pareceu importarlle moito o renunciar ao premio a mellor director no European Filme Festival  do ano 2010 e é que este cineasta móvese sempre nas marxes da experimentación e a precariedade. –“De momento axústome á realidade que vivo, non vou rodar un soño fantástico con millóns de euros por que non é o mundo no que me movo, os meus actores puxeron toda a carne nun proxecto real e próximo ás nosas posibilidades, Drako é unha película pequena cun orzamento ridículo, pero é o que tiñamos”- di Brives.

Drako é unha historia dun amor doente, afectado pola violencia a dominación e o secuestro emocional. Un triangulo de relacións e desexos non satisfeitos que conducen a un final sen remisión. Os seus protagonistas Facundo Muñoz, Rubén de Mariña e o propio Brives, representan cada unha das fases polas que unha víctima de maltrato pasa inevitablemente, esta trama aderézase ademais cunha serie de asasinatos en cadea que terán en albas ao espectador ata o último momento.

“Quería falar das víctimas, pero das víctimas que non atopan unha saída, esas que perden sempre, as que só enchen un encostado na marxe de sucesos e que ninguén se explica que historia hai detrás deles. Comenta Brives.

E é que Drako é unha historia de seres estraños, misteriosos, dos que abundan nos circuítos da noite. Persoas con carcasas dunha estética baleira e unha historia triste que lles obriga a vivir e protexerse coa máscara.

A película se rodo entre Madrid, París e Alemaña como nos explica o director, -“aínda que non contabamos con orzamento, houbo unha cadea de circunstancias persoais que me fixeron viaxar a esas cidades, e precisamente aproveite a oportunidade para recollelas na película, por sorte o guionista Chema Rodriguez sempre apoio os meus cambios de guión”-

Francisco Brives comezou a preprodución do que será a súa cuarta longametraxe, de momento só nos conta o seu titulo “Roberta” e pouco máis, haberá que seguirlle a pista.

Categoría: Novas
Etiquetas: