O estudo independente Moonbite Games & Animation, con sede principal en Santiago de Compostela, lanzou os dous primeiros trailers do seu novo videoxogo “Zombeer, Zombies&Beer”.
Os dous primeiros vídeos que xa dan pistas achega do “look” do videoxogo, teñen unha gran repercusión tanto en webs especializadas como entre blogs do mundo dos videoxogos sendo China o país onde se obtivo unha maior repercusión con máis de 50.000 reproduccións con soamente dous vídeos: http://v.youku.com/v_show/ide_XNDE0MTI0OTM2.html http://v.youku.com/v_show/ide_XNDE0MTEzNjUy.html
Séguelle EE.UU. Superando as 30.000 nun só portal especializado en videoxogos: http://www.gametrailers.com/game/zombeer/16573
É un videoxogo de acción e humor negro deseñado para mercado internacional e multiplataforma.
A trama
Logo dunha noite de xorga universitaria, K espértase cun mordisco nun brazo. Pronto descubrirá que o que fai unhas horas era unha festa un pouco desmadrada, converteuse nun campo de batalla. A súa misión principal será atopar á súa noiva Karen e como aliada na súa procura contará cunha top model chamada Kate. O seu inimigo poderiamos dicir que son TODOS os non-humanos pero en particular o rector da universidade.A boa noticia neste mundo “apocalíptico” é que o único antídoto para non transformarche nun zombie é tomar cervexa pero sempre con moderación… si che excedes perderás o control e serás presa fácil para os zombies.
Moonbite Games S.L é un estudo español dedicado á produción de videoxogos e contidos interactivos multiplataforma e animación 3D para cine. Entre algunhas das súas obras producidas destacamos: “ My Fireplace”para Wii (top ten en vendas en EE.UU. E Europa); diversos contidos para iPad/iPhone, etc..
No apartado de animación destaca a longamtraxe “Witchcraft” e a curta de animación “Morti”, nomeada á mellor curta de animación no XI Congreso Internacional de Mundos Dixitales: http://www.mundosdigitales.org/english/festival.htm
Moonbite participa de forma activa en diversos proxectos de I+D con universidades españolas como a de Santiago de Compostela ou Vigo, así como con centros tecnolóxicos como GRADIANT.
“Zombeer, Zombies&Beer” foi presentado oficialmente no GAMELAB 2011 onde obtivo unha notable repercusión mediática. Foi seleccionado para participar no Mercado Internacional de Animación e Videoxogos 3D Wire 2011 e este ano será a imaxe de Mundos Dixitais 2012 que se celebrará na Coruña do 4 ao 7 de xullo:
http://www.mundosdigitales.org/english/programa/moonbite.htm
O lanzamento do videoxogo será no último cuadrimestre do 2012.
Nos próximos días, continuaremos co lanzamento de novos vídeos dos cales podedes estar informados a través da web ( www.zombeerthegame.com)
Para máis información, podedes contactar con info@moonbite-games.com ou acceder á web :
www.moonbite-games.com
Trailers:
2º: http://youtu.be/uNg0Ck3rEzc
1º: http://youtu.be/cgozTKiwYac
Descarga de material promocional:
http://tinyurl.com/zombeerpictures