DOMOVOI DIXITAL GRAVA NA EGACI A DOBRAXE DA SITCOM DE ANIMACIÓN EN 3D “POLACOS”

26 / 10 / 2009

A productora viguesa “Domovoi dixital” grava na EGACI a dobraxe en castelán da serie de animación “Polacos” dirixida polo director Nacho Abia Carrera. Polacos é a primeira sitcom de animación española creada íntegramente en 3D. O capítulo piloto foi subvencionado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Esta desternillante comedia de situación, que reproduce en tres dimensións decorados reais da cidade olívica, dividirá a dobraxe entre Vigo e Madrid posto que conta coa participación de Gomaespuma para a dobraxe de dous dos personaxes principales. A dobraxe estará supervisada polo director Julio Hernández e a ás sesións asistirán alumnos da escola de cine (EGACI), a modo de clase práctica sobre o mundo da dobraxe.

A cita terá lugar na EGACI maña martes 27 de outubro de 16:30 h a 21:00h e o mércores 28 de outubro de 09.00 h a 14.00 h.

Categoría: Novas
Etiquetas: