O DOCUMENTAL COSTA DA MORTE DE LOIS PATIÑO VISITA MAÑÁ O CGAI

18 / 12 / 2013

Mañá xoves 19 de decembro ás 20.30 horas proxéctase no Centro Galego de Artes da Imaxe Costa da Morte (2013) de Lois Patiño, filme que ven de ser premiado nos festivais de Locarno, Sevilla, Popoli e Curtocircuíto. Haberá un segundo pase o venres, 20 de decembro ás 18.00h. Haberá unha presentación e coloquio ao coidado do su autor, Lois Patiño. Entrada de balde. COSTA DA MORTE

(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Lois Patiño, coa colaboración de Carla Andrade. Produción: Zeitun Films. Duración: 83 minutos.
A Costa da Morte é unha zona de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que se sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra a observarmos as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros…Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito. Poético filme galego premiado en Locarno e Sevilla.

Categoría: Novas
Etiquetas: