Os días 10, 11 e 12 de Setembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (Macc), un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións.
O Macc é un espazo que aposta polo risco e o atrevemento. O seu programa consta de catro apartados nos que da a coñecer e incentiva os procesos creativos: MACC LAB, onde se desenvolvera a creatividade colectiva cunha metodoloxía específica aplicable ao ámbito cultural e creativo; MACC ENCONTROS, espazos que facilitan o intercambio de información e de experiencias entre os asistentes; MACC INSPIRA, no que se debaterá sobre experiencias singulares internacionais que poidan servir de referencia aos novos creadores; e MACC SHOW, onde se fará unha exhibición breve de traballos escénicos e/ou musicais, plásticos, audiovisuais e/ou multimedia.
O evento realizarase entre catro localizacións: CGAC, Museo do Pobo Galego, Zona C e Parque San Domingos de Bonaval. de Os interesados poderán obter máis información a través da súa páxina web http://www.maccatlantic.org/, e reservar praza escribindo a info@maccatlantic.org.