Hoxe celébrase o 50 aniversario do final da produción do filme Esa pareja feliz (1951), ópera prima de Juan Antonio Bardem e Luis García Berlanga protagonizada por Elvira Quintillá e Fernando Fernán Gómez. Rodada en Madrid e estreada o 31 de agosto de 1953, simboliza a unha das máis brillantes xeracións de cineastas e intérpretes do noso país.
Conmemorando esa efemérede, o pasado 9 de marzo o Consello de Ministros acordou instaurar hoxe, 6 de outubro, o Día do Cine Español, como unha maneira colectiva de reivindicar o peso e a importancia cine como patrimonio cultural, así como a trascendencia decisiva que ten na creación da nosa identidade e imaxinario común.
“Desde todos os lugares. Con todas as voces. En todas as linguas. Feliz Día do Cine!”
Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual
Desde a Academia Galega do Audiovisual queremos sumarnos a esta celebración, como recollen as palabras do noso presidente, Álvaro Pérez Becerra: “O sensacional patrimonio fílmico que compartimos merece ser celebrado por todo o alto. Como ocorre con tantas manifestacións culturais, contribúe a construcción de sociedades mellores: capaces de valorar o talento que aglutinan, orgullosas da súa diversidade e preparadas para seguir participando do relato colectivo que conforma a historia do noso cine. Desde todos os lugares. Con todas as voces. En todas as linguas. Feliz Día do Cine!”.
Esta efemérede únese a outras similares no eido da cultura como o Día do Libro (23 de abril), o do Teatro (27 de marzo) ou o dos Museus (18 de maio); recoñecendo o papel dos profesionais do mundo cine e a súa influencia e importancia na vida cultural e social, así como a riqueza e diversidade da nosa cinematografía, que merecen ser celebradas e reivindicadas.