UN DEUS SALVAXE DE ROMAN POLANSKI NO CINEBOX EN OURENSE

27 / 03 / 2012

Remata, este mércores 28 de marzo, o ciclo Marzo Francés, poñendo a proba o contrato social, co filme Un Deus salvaxe (Carnage) (2010, Francia) de Roman Polanski. As proxeccións serán mañá mércores ás 18:00, 20:30 e 23 horas no Cinebox (centro C. Pontevella), Ourense. SIPNOSE:

Adaptación da obra teatral homónima da autora francesa Yasmina Reza. Filmada en Europa, polos problemas legais do director, a historia desenvólvese en Nova Iorque.

Na obra orixinal, os protagonistas son dous matrimonios que se xuntan, en principio de xeito civilizado, para falar da recente pelexa dos seus fillos nun parque. Pero, o encontro, complícase ata lindes insospeitados.

 

FICHA:

Dirección: Roman Polanski – Producción: Coproducción

Francia-Polonia-Alemania-España; France 2 Cinema / Versatil Cinema

/Constantin Film Produktion / SBS Productions / SPI Poland – Guión:

Roman Polanski, Yasmina Reza (Obra: Yasmina Reza) – Música: Alexandre

Desplat – Fotografía: Pawel Edelman – Intérpretes: Kate Winslet,

Christoph Waltz, Jodie Foster, John C. Reilly

 

Web: http://www.sonyclassics.com/carnage/

 

Categoría: Novas
Etiquetas: