A DESEÑADORA EXIPCIA REEM NAEIM É A GAÑADORA DO 1º CONCURSO DE CARTACES DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL 2011

24 / 05 / 2011

A deseñadora exipcia Reem Naeim é a gañadora do concurso de cartaces convocado polo Festival Amal 2011. O seu cartaz “Arab Revolt” representará polo tanto a novena edición do Festival Amal, que terá lugar en Outubro de 2011 en Santiago de Compostela.

Reem Naeim, de 33 anos, reside no Cairo, a súa cidade natal. Alí fundou en 2008 a súa axencia ReemNaeim Design Studio despois de estudar deseño na Universidade de Pforzheim en Alemaña e dunha breve estanza en Suíza.

Foi elixida entre cinco finalistas polo xurado del concurso e o seu cartaz “Arab Revolt”, a Revolución árabe, será a imaxe do Festival en 2011. Este título reflexa a orientación tomada polo festival nesta novena edición: un festival de cine árabe actual, comprometido coa ola de cambios acontecidos no mundo árabe e que xa se coñece coma a “primaveira árabe”.

O público poderá ver os mellores cartaces durante a semana oficial do festival en Outubro de 2011 na Galería Caroní da Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Máis información en www.amalcreativity.com

Categoría: Novas
Etiquetas: