Este Martes 6 de Xullo inaugúrase en Palexco (A Coruña) a exposición Derradeira Sesión. Este proxecto, formado polas fotografías de Manuel Sendón e Os Fabulosos irmáns da luz, supón unha profundización no fenómeno do cine como espectáculo colectivo.
Atravesando unha espesa cortina de veludo vermello adentrámonos na escuridade. Como faros, as fotografías de Manuel Sendón convertidas imaxes luz, nos van mostrando os cines que, mortos de solemnidade, seguén dalgunha maneira a reclamar as historias que alí se vivirón. Srs e sras Benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo… Se escoita e, atravesando un cartel luminoso propio dos cines de antano, vemos como o documental Os Fabulosos irmáns da luz, recupera eses espacios representados nas fotos utilizandoos de pantalla para unha película de luces e sombras de presenza case fantasmal.
Derradeira Sesión é un proxecto colectivo representado polas fotografías de Manuel Sendón e o documental de Olaia Sendón Os fabulosos irmáns da luz. Que aborda dende dous medios e dúas miradas diferentes, a morte do cine como fenómeno colectivo.