A película conta coa participación do actor ferrolán XOSE BONOME
DEJATE CAER dirixida por Jesús Ponce e que conta coa participación de VACA FILMS e da TELEVISIÓN DE GALICIA presentouse o pasado novembro no Festival de Cine Europeo de Sevilla.
A cinta está protagonizada por Iván Massagué, Darí Paso, Juan Fran Juárez, Mercedes Hoyos, Isabel Ampudia e o galego Xose Bonome.
A película estrease o 1 de febreiro con 50 copias a través da distribuidora Alta Films.
DEJATE CAER, conta a historia de tres xóvenes de barrio que rondan a trintena e están no paro. Tódolos días xúntanse nun ocioso ritual que consiste en sentarse nun banco do parque do seu barrio a filosofar un pouco mentres beben cervexa e ven pasalo tempo. Nun tono de comedia e en momentos de drama, DEJATE CAER retrata a realidade dalgúns xovenes dos barrios das grandes urbes españolas.
DEJATE CAER é a terceira longametraxe que dirixe Jesús Ponce. A súa primeira película foi a prestixiosa “;15 días contigo”; película protagonizada por Isabel Ampudia e Sebastián Haro. En “15 días contigo”; Ponce conta a historia dunha parella de sen teito, é unha historia de perdedores, de denuncia do que se esconde detrás da aparente opulencia da nosa sociedade. En “Skizo”,a súa segunda longametraxe, protagonizada por Eloy Azorín y Oscar Jaenada, cóntase a historia dun secuestro disparatado.
Para máis información:
VACA FILMS
C/Real nº 11 3º Izq.
15.003 A CORUÑA.
TEL. 881 91 75 66
www.vacafilms.com
prensa@vacafilms.com