A Coruña, 2 de febreiro de 2024 | O vindeiro venres 9 de febreiro organizaremos un debate co gallo das eleccións do 18 F entre representantes dos partidos políticos con representación paralmentaria, “O futuro do audiovisual a debate”. Celebrarase no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da (USC) a partir das 17:00 horas e a duración estimada do mesmo é de 90 minutos.
Participantes:
Julio Abalde (PSdG)
Carmen Pomar (PPdG)
Mercedes Queixas (BNG)
Moderadora:
Uxía Caride Blanco, xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e docente na USC.
Haberá unha quenda de preguntas para o público asistente. As persoas que non podan asistir, poderán seguilo en streaming na canle de Youtube da Academia.