A esperada película de “O Crime da Legua Dereita” xa ten datas de estrea, concretamente en Vilalba e Lugo. A premiere da primeira longametraxe de Cool Films Galicia, será no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 19 de outubro ás 20:30h. A capital chairega é a elixida para comezar o tour que levase a Cool Films a percorrer toda Galicia mostrando por diferentes cidades e pobos esta longametraxe que se realizou con custo cero e rodado soamente en tres días.
A próxima parada confirmada será o fin de semana seguinte, concretamente o venres 25 de outubro ás 20:30h no Salón de Actos da Deputación de Lugo, co que Cool Films esperan ter o seu cuarto cheo absoluto na capital lucense.
En ambos, a entrada será gratuíta ata completar aforo.
Tamén hai outra data na provincia de Lugo, será no ciclo Invernada de Cine que se celebra en Xermade, concretamente o 7 de decembro ás 18:30 h.
Cool Films Galicia esta traballando para poder confirmar nos próximos días varias datas en distintas cidades por toda Galicia.
“O Crime da Legua Dereita” causou unha gran expectación, non só a nivel provincial, senón tamén a nivel galego.
A historia que se conta na o película, comeza cen anos despois, na zona onde fai cen anos ocorreu un tráxico asasinato (arrincar a pel de face en vida a unha persoa para curar a unha enferma de cancro pel, tal feito foi levado a cabo por un veciño da mesma aldea). Na mesma zona, unha serie de corpos de mozas apareceu cos mesmos síntomas, unha parella de novos policías terán que ir en procura do asasino e aos poucos daranse conta que nada é o que parece.
A película foi rodada en lugares como Friól, Sarria, Lugo ou Vilalba e esta en lingua galega.