Mañá xoves 14 de agosto, a partir das 22.30 horas, proxectarase o programa Non só Música, na Praza da Universidade de Santiago de Compostela. O programa está composto por dezasete vídeos musicais de artistas como Vampire Weekend, Liars ou Bonobo.
“Curtocircuíto na Rúa”, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, presenta o programa Non só Música, o xoves 14 de agosto a partir das 22.30 horas, na Praza da Universidade.
Nesta ocasión, a proxección estará composta de dezasete vídeos musicais de artistas internacionais como Vampire Weekend, Liars ou Bonobo entre outros.
Como tódolos xoves, os espectadores poderán valorar as súas curtas favoritas e decidir cos seus votos o Premio do Público, valorado en 1600 euros, e que se descubrirá na gala de Entrega de premios que clausura Curtocircuito o 24 de outubro.
En caso de que a predicción meteorolóxica sexa desfavorable, Curtocircuíto na Rúa trasladase á Praza de Abastos. Tódolos cambios se anunciarán na web do festival www.curtocircuito.org, onde tamén se pode atopar información sobre o resto das actividades do Festival.
O ciclo de curtas, organizado pola concellaría que dirixe o nacionalista Xosé Manuel Iglesias , rematará o vindeiro 28 de agosto na Praza da Quintana. O fin de festa correrá a cargo do DJ británico Ollie Teeba, do grupo The Herbaliser, e os VJs galegos D-Rndm que ofrecerán unha sesión única de videocreación en directo.
O festival compostelán regresará na súa Semana Oficial de outubro con máis curtas, obradoiros de formación, exhibicións, o III Mercado Internacional de Curtas e moitas outras actividades relacionadas co cinema de curta duración.