A curta galega Bukkake, dirixida polo vigués Edu Lavandeira e protagonizada por David Perdomo e Estíbaliz Veiga sitúase entre as 10 curtas máis vistas do festival máis afamado da rede, o notodofilmfest.com. Despois de ocupar o primeiro posto hai unhas semanas, a curta segue entre as máis vistas, entre as case 1000 curtas recibidas no concurso. Agora o festival encara a súa recta final polo que Bukkake segue con posibilidades de facerse co premio á curta máis vista. Agora mesmo xunto a ela sitúanse curtas de actores como Ernesto Sevilla ou Julián López. Bukkake é unha provocativa comedia de parella baseada na práctica sexual xaponesa do mesmo nome que consiste en que varios homes exaculan sobre outra persoa, de tal xeito que esa persoa posteriormente bebe o seme exaculado dun vaso ou semellante. O notodofilmfest.com foi o festival pioneiro en canto a curtas na rede se refire. Xa vai pola undécima edición e del saíron ou participaron directores como Daniel Sánchez Arévalo, Nacho Vigalondo ou o tamén galego Mario Iglesias.
A curta pódese ver neste enlace.
http://www.jamesonnotodofilmfest.com/mas-vistos.html?id=cw5105bfe81d49c