CURSO OBRAS MESTRAS DO CINEARTE – 2º PARTE NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

29 / 09 / 2014

Os mércores do 8 de outubro ao 3 de decembro, de 19 a 21h, terá lugar o curso de “Obras mestras do cinearte – 2º parte” no Museo de Belas Artes de A Coruña, coordinado por Javier García Trigales.

Percorrido pormenorizado polas obras mestras de creación artística. Nel poderemos visionar e analizar polo miúdo os traballo dos autores máis importantes do audiovisual artístico e experimental.

Serán clases participativas nas que daremos coas claves deste tipo de cine e dos movementos vangardistas que se esconden tralas súas imaxes. Incidiremos en películas xa convertidas en clásicos de autores fundamentais como Man Ray, Jean Vigo o José Val del Omar e na actualidade do cine de vangarda, experimental e o videoarte, con traballos de Bill Viola, Jeam Cohen ou Andrés Duque.

O custe da matrícula é de 15€, 10€ para os amigos do museo. Prazas limitadas.

Categoría: Novas
Etiquetas: