“O CRIME DA LEGUA DEREITA” SERÁ UNHA LONGAMETRAXE

26 / 08 / 2013

“O Crime da Legua Dereita” será a primeira longametraxe de Cool Films Galicia. O que en principio ía ser só unha historia que se contaría nunha curtametraxe, converteuse en algo máis extenso. Trala rodaxe das primeiras secuencias e os ensaios xerais das escenas de acción, o productor Jordi Santos e o director Luís Noriega tomaron a decisión de levar a cabo a rodaxe do guión orixinal, moito máis extenso e complexo. O guión orixinal, que foi rodado na súa totalidade en abril do 2013 en Sarria, Vilalba e Lugo, traduciuse nun trhiller psicolóxico con altas doses de acción, suspense, misterio e ata terror. Un traballo serio e contundente.

Para a versión orixinal do proxecto ampliouse considerablemente o reparto de actores, novas promesas do audiovisual galego que debían mimetizarse con personaxes complexos, nalgún caso, truculentos. O recoñecido e premiado músico galego David Alonso Garzón asina unha Banda Sonora Orixinal que recrea un clima de inquietude e suspense en todo o traballo.

“O Crime da Legua Dereita“ está baseado nun terrible asasinato ocorrido a principios do século pasado en Nete (Vilalba). Nesta versión cinematográfica tomáronse elementos do feito real, que foron incluídos formando parte do atrezzo ou a dióxese da propia historia. A historia comeza cen anos despois, na mesma zona, coa aparición duns corpos de mozas novas mutilados cos mesmos síntomas.  Unha parella de policías investigarán os terribles asasinatos, avanzando a cegas ata comprobar que nada é o que parece…

“O Crime da Legua Dereita” causou unha gran expectación antes da súa estreo, tanto en redes sociais como medios de difusión convencionais, sendo protagonistas de reportaxes en medios autonómicos e ata nacionais.

Xa case finalizado a súa montaxe, o equipo de produción traballa para confirmar canto antes a súa estreo por distintas localidades de toda Galicia.


Categoría: Novas
Etiquetas: