CREA ORGANIZA UNHA HOMENAXE A EMILIO MAC GREGOR

25 / 04 / 2008

A asociación de directores e realizadores galegos (CREA) organiza para o sábado 26 de Abril ás 18.00 horas un acto de homenaxe ó finado director Emilio Mac Gregor.
O acto contará coa presencia de Eduardo Mac Gregor (actor e pai de Emilio) Xavier Bermúdez, Evaristo Calvo e Pepe Coira que abrirán a homenaxe con unha mesa de debate sobre este director e a súa obra. A continuación proxectarase unha peza de homenaxe onde os amigos e compañeiros de profesión de Emilio Mac Gregor falarán sobre a vida e obra de Emilio e do traballo e experiencias que compartiron.

Por último proxectaranse dúas obras significativas do seu traballo como realizador en Galicia, a primeira delas unha curta con guión de Manolo Rivas sobre Manuel Fraga titulada “Punto Final”. Para rematar proxectarase “O que dis que din” unha peza documental dirixida por Emilio Mac Gregor e producida por Voz Audiovisual. A entrada será libre e gratuita.

Categoría: Novas
Etiquetas: