COPIA RESTAURADA DE “EL HOMBRE TRANQUILO” NO CGAI

6 / 05 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá martes día 7 de maio (dous pases: 18.00 e 20.30 horas) a copia restaurada dun título clásico, El hombre tranquilo (1952) de John Ford, en formato DCP. A copia é o resultado dunha minuciosa restauración escaneada a 4 k fotograma a fotograma, e que supera o baleiro legal emanado da morte do seu protagonista, John Wayne, e do conflito mantido polos herdeiros coa Paramount, ambos copropietarios do filme.

THE QUIET MAN / EL HOMBRE TRANQUILO    
(Estados Unidos, 1952)
Dirección: John Ford. Guión: Frank S. Nugent, sobre unha narración de Maurice Walsh. Produción: A Republic Production. Fotografía: Winton C. Hoch e Archie Stout. Intérpretes: John Wayne, Maureen O’Hara, Victor McLaglen, Barry Fitzgerald. Duración: 129 minutos.  
Un antigo campión de boxeo volta á súa Irlanda natal logo de anos en Estados Unidos. Alí terá ocasión de casar e tamén de topar cos costumes locais, orixe dun importante conflito. Apaixonante e amable incursión de Ford na Irlanda dos seus amores, un filme gañador de dous premios Óscar (fotografía e dirección, cuarto Óscar para John Ford), de memorable plasmación visual, enxeño a esgalla, inesquecibles personaxes e maxistral partitura musical.  

Categoría: Novas
Etiquetas: