Esta semana foi convocado o primeiro Festival de Cine Documental de As Mariñas, XÓM, que se celebrará en Betanzos e outras pantallas de As Mariñas a finais de novembro deste ano e que estará adicada á filmografía documental de México.
Ainda que o interese prioritario dos organizadores son os documentais de carácter social, a convocatoria está aberta a documentais da máis variada temática, nacionalidade e duración. Para obter máis información pódese consultar a páxina web do festival: http://cine.betanzos.es
O certame está dirixido por José Carlos Soler Gómez.