CONVOCADO UN CONCURSO DE CURTAMETRAXES EN STOP-MOTION EN GALEGO PARA ESCOLARES

14 / 02 / 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia puxo en marcha, coa colaboración da CRTVG e de OQOeditora, o programa “Nosotros también creamos!”, para a dinamización da lingua galega e para a innovación educativa nos centros de infantil e primaria. A iniciativa arranca cun certame de curtametraxes en galego realizados coa técnica de Stop Motion.

O concurso é unha proposta para que alumnos de entre 3 e 9 anos de 50 centros educativos galegos se convertan en creadores de curtametraxes de animación, realizando as súas propostas a partir de 14 títulos de OQOeditora. O prazo para apuntarse conclúe o 26 de febreiro. Haberá tres premios, un para cada etapa: segundo ciclo de educación infantil, primeiro ciclo de educación primaria e segundo ciclo de educación primaria. O obxectivo da iniciativa é promover unha relación positiva dos xoves coa lingua propia de Galicia.

Máis información, no e-mail nostamencreamos@gmail.com.

As bases concretas están na web www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: