CONTINENTAL E ALGARABÍA PRESENTAN A CURTAMETRAXE “O SOLDADIÑO DE CHUMBO” EN ALLARIZ

10 / 12 / 2008

Continental e Algarabía presentan este venres 12 de decembro a curtametraxe de animación “O soldadiño de Chumbo” na Casa da Cultura de Allariz. Ás 12:10 terá lugar un pase da curta seguido dunha rolda de prensa. A preestrea terá lugar pola tarde ás 20:30, no mesmo lugar e coa asistencia de parte do equipo.
A ela acudirán os directores da curtametraxe, Virginia Curiá e Tomás Conde, o deseñador de personaxes, Alfonso Costa, a produtora executiva por parte de Continental, Chelo Loureiro, o Alcalde de Allariz, Francisco García Suárez, e a Concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa.

Categoría: Novas
Etiquetas: