CONSTITUIDA A REDE DE CLUSTERES AUDIOVISUAIS DE ESPAÑA CAVE

21 / 12 / 2009

Os responsables de todos os clusters audiovisuais do Estado (Galicia, País Vasco, Madrid, Estremadura, Cataluña, Baleares, Canarias, Andalucía e a Comunidade Valenciana) reuníronse en Valencia os días 17 e 18 de decembro para celebrar o III Foro de Clusters Audiovisuais de España, no que se marcaron os obxectivos de innovación dentro do sector, internacionalización e formación dos profesionales nas novas tecnoloxías como liñas principais para facer fronte aos retos do sector.

No encontro, que contou coa participación do director xeral do ICAA Ignasi Guardáns, constituiuse oficialmente a RED CAVE (Clúster Audiovisuais de España), unha rede nacional de colaboración e traballo permanente con representación ante organismos estatais e internacionais. A misión desta rede é promover, fomentar e apoiar o desenvolvemento dos clusters mediante a cooperación en rede, a mellora dos seus proxectose e dinamización de proxectos de I+D+i, a ampliación dos seus mercados, formación compartida, o incremento do ámbito de negocio a través da internacionalización e servir de interlocutor coa Administración. 

O director xeral do ICAA resaltou a importancia da creación desta rede de clusters nacionais e afirmou que hai plena sintonía entre o ICAA e os planteamentos dos clusters e que se apoiará neles para implementar as accións que está a desenvolver cara ao sector audiovisual.

Asemade, sentáronse as bases do Plan de Innovación do sector audiovisual nacional, tarefa que lles encomendara o director xeral do ICAA nunha reunión celebrada o 28 de setembro en Madrid. Nos vindeiros meses terá lugar unha nova reunión da Rede de Clusters para continuar co desenvolvemento do Plan de Innovación e dun Mapa de Indicadores estratégicos do sector (elaboración de estadísticas fiables da industria audiovisual que permitan articular axeitadamente as axudas no I+D+i propias do sector).

No marco deste encontro, onte día 17 o Foro de Clústers Audiovisuais asistitiu á entrega dos Premios Berlanga 2009 e hoxe ao acto de incorporación da RTVV ao Clúster Valenciano.

O Foro Clusters Audiovisuais de España xurdiu a iniciativa do CLAG en Santiago de Compostela no ano 2007 coa finalidade de axuntar sinerxías entre os entes audiovisuais do Estado, fomentar a colaboración empresarial entre autonomías e potenciar o sector a nivel estatal.

Categoría: Novas
Etiquetas: