CÓMO FOI O PRIMEIRO DÍA DE PROXECCIÓNS DA SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

30 / 04 / 2007

Arredor de oitenta alumnas e alumnos do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces asistiron a xornada inaugural da Semana do Audiovisual Galego que se celebrou no centro e á que asistiron como convidados o actor Manuel San Martín, da serie Libro de Familia, e Agustín Díaz, por parte do equipo da serie de TVE-Galicia 25 anos de autonomía.

Trala proxección dos catro traballos nominados aos premios Mestre Mateo na categoría de mellor serie de televisión (25 anos de autonomía, Pepe, o Inglés, Libro de Familia e A vida por diante) as rapazas e rapaces entablaron un longo coloquio de case hora e media cos dous convidados. Algúns dos aspectos nos que máis incidiron foron os sistemas de produción das series, en especial a diferenza entre a realización dunha peza de carácter documental e unha de fición, así como nas peculiaridades que teñen dentro de si tanto a profesión actoral coma o sector audiovisual en xeral.

Tanto Agustín Díaz coma Manuel San Martín mostráronse moi satisfeitos co resultado da experiencia e salientaron o importante que é para os mozos e mozas coñecer de preto un mundo coma o do audiovisual. Pola súa banda, tanto os alumnos e alumnas coma os docentes do IES Marco do Camballón, agradeceron a presenza de profesionais do sector e amosaron a súa vontade de seguir traballando na difusión do audiovisual como materia transversal e importante para reforzar a formación convencional.

Etiquetas: