Comeza a primeira rolda de votacións dos XVIII Premios Mestre Mateo

20 / 01 / 2020

Hoxe comeza a primeira rolda de votacións da XVIII edición dos Premios Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 4 de febreiro, os académicos e académicas elixirán cos seus votos a 4 finalistas en cada unha das 25 categorías.

Aquí podedes consultar a listaxe definitiva das candidaturas aos #MestreMateo20, da que forman parte máis de 450 candidaturas e un total de 160 obras, entre as que atopamos 5 longametraxes, 18 documentais, 4 series de televisión, 10 series web, 26 programas de televisión, 27 curtametraxes de imaxe real, 3 curtametraxes de animación, 25 anuncios publicitarios e 36 videoclips.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Enlaces de interese: | Bases | Listaxe definitiva de obras inscritas aos XVIII Premios Mestre Mateo

Etiquetas: