Hoxe comeza a primeira rolda de votacións da XVII edición dos Premios Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 3 de febreiro, os académicos e académicas elixirán cos seus votos a 4 finalistas en cada unha das vinte e cinco categorías.
Aquí podedes consultar a listaxe definitiva das candidaturas aos #MestreMateo19, da que forman parte máis de 400 candidaturas e 167 obras(das cales 9 son longametraxes, 28 documentais, 6 series de televisión, 11 series web, 27 programas de televisión, 32 curtametraxes de imaxe real, 6 curtametraxes de animación, 12 anuncios publicitarios e 32 videoclips).
Adiantámosvos que os premios se entregarán nunha gala que se celebrará o próximo 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
Moita sorte a todas e a todos!