O Goberno Estatal presentou o pasado mes de decembro a nova reforma da Lei do Cine que introduce profundos cambios para o financiamento das producións e ven cargada de novidades que provocaron reaccións e detraccións.
A modificación do custe mínimo para acceder ás axudas, os cambios na distribución segundo o presuposto da obra, ou un acceso ás subvencións segundo tramos de puntos son algúns dos puntos cos que se atopará a industria cinematográfica na actualidade. E non debemos esquecernos de dous vellos coñecidos: o IVE cultural e os mínimos incentivos fiscais.
A Academia Galega do Audiovisual organiza un coloquio no que se analizará en profundidade esta nova regra e se debaterán os puntos que crearon máis controversia. Membros de diferentes asociacións, autores, directores, produtores, políticos, distribuidores pero tamén xornalistas e avogados ofrecerán unha visión completa para que os asistentes coñezan os cambios e as consecuencias desta nova lei.
Argumentario inicial:
– O financiamento do cine español. Análise da nova lei do cine.
– Debate cos diferentes axentes convidados:
¿Cara onde vai o novo cine español?
Retos aos que se enfronta e se enfrontará no futuro.
– Participación do público. Quenda de palabra para participar no coloquio.
Lugar: Fundación Granell, Santiago de Compostela
Día: venres, 18 de marzo
Hora: 16.30